‘Running’, este venres na Laracha

0 minutes read
  • É a segunda función do ciclo ‘Venres Teatrais’

Os ‘Venres Teatrais’ da Laracha continúan coa súa programación. Nesta ocasión o turno é para a comedia ‘Running’, da compañía De Ste Xeito Producións.

O espectáculo é unha comedia dirixida por Esther Carrodeaguas e escenificada polos actores Sergio Macías e Stephy Llaryora, que entre os dous dan vida a un total de vinte personaxes.

A entrada é gratuíta ata completar o aforo máximo da sala. O uso da máscara é obrigatorio durante toda a función.