O gasoduto NordStream 1 volve fornecer gas a Europa. O portavoz da empresa xestora informou de que este xoves renovou a subministración despois de 10 días de pausa por mantemento, nos que Europa estivo en albas. O gasoduto NordStream 1 conecta Rusia e Alemaña e, aínda que pasará un tempo ata que o gas volva fluír coa mesma normalidade que antes, o portavoz afirmou que o volume volverá ser o mesmo. Este correspondería a uns 67 millóns de metros cúbicos ao día, é dicir, un 40 % da súa capacidade máxima. A Comisión Europea temía que este parón por mantemento do gasoduto supuxese o corte total das subministracións de gas ruso ao continente. Tras o comezo da invasión de Rusia a Ucraína, Occidente impuxo varias sancións a Rusia. En resposta, Moscova interrompeu total ou parcialmente a subministración de gas aos países europeos.
35