Rusia acusa a Ucraína de bombardear unha ponte con mísiles británicos

1 minutes read

Rusia acusa a Ucraína de bombardear con mísiles británicos de longo alcance Storm Shadow a ponte de Chongar, entre Crimea e Jersón. Trátase dunha ponte vital, que une as dúas rexións anexionadas por Moscova. Non houbo vítimas, pero a estrutura resultou gravemente danada. Kiev non confirmou ser a autora do ataque. Mentres, a bandeira ucraína volve ondear en Storozheve, unha das aldeas que o Exército ucraíno di recuperar na súa contraofensiva. Tamén asegura avanzar outro quilómetro cara ás cidades ocupadas de Melitópol e Berdiansk, no sur do país. Pero a progresión é moi lenta, rifada, e con numerosas baixas.