Rusia podería planear ‘en calquera momento’ unha invasión en Ucraína

1 minutes read

A portavoz da Casa Branca, Jen Psaki, advertiu de que Rusia podería lanzar un ataque en contra Ucraína en calquera momento e asegurou que a crise ucraína é extremadamente perigosa. As declaracións prodúcense despois de que o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, e o seu homólogo ruso, Serguéi Lavrov, acordasen reunirse este venres en Xenebra para tratar de reducir as tensións. Blinken reiterou a Lavrov o compromiso «inquebrantable» de Estados Unidos coa soberanía e integridade territorial de Ucraína e recalcou que calquera decisión sobre a seguridade en Europa debe incluír aos socios europeos e aos aliados da OTAN. Pola súa banda, o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, descartou unha resposta militar en caso dunha agresión armada de Rusia a Ucraína.