A ofensiva rusa continúa en Severodonetsk, esta cidade situada no leste de Ucraína é un punto crave para controlar toda a rexión de Lugansk, no Donbás. O parte militar publicado polo Estado Maior Xeneral das Forzas Armadas de Ucraína na súa páxina de Facebook, os «ocupantes rusos continúan disparando con canóns e foguetes contra as posicións ucraínas» nesa cidade. Segundo os informes, a estratexia militar rusa baséase en atacar tamén en Lisichansk, situada a 10 quilómetros de Severodonetsk. Desta maneira, cortarían as vías de comunicación coa cidade do leste ucraíno para rodeala. O exército ruso redobrou os seus ataques nas rexións de Donetsk e Lugansk, no leste de Ucraína, para establecer un corredor que lles permita desprazarse por esta zona e o sur do país que xa controlan. Severodonetsk é tamén o único polo de resistencia que queda na urbe e localízase nas instalacións da factoría química de Azot, onde se refuxian máis de 500 civís. A situación para eles é desoladora.
32