Ruta nocturna polos petróglifos de Somontemio e Prado da Cruz, en Vimianzo

1 minutes read
  • Prevista para o próximo sábado 18 ten unha duración aproximada de tres horas

O Concello de Vimianzo, en colaboración con David Roget e membros do colectivo A Rula, organizará o vindeiro 18 de setembro unha ruta nocturna polos petróglifos de Somontemio e Prado da Cruz na que tamén se poderá contemplar a Cruz do Loureiro.

Trátase dunha andaina duns catro quilómetros incluída na ruta dos ‘Segredos do val de Vimianzo’. Cunha duración estimada de tres horas, os organizadores lembran que será preciso levar unha lanterna e zapato axeitado para andar polo monte.

A saída da ruta será ás 21:30 horas desde a praza do Concello. As prazas son limitadas e será necesario inscribirse previamente.