Un ano máis, da man de CRISSBECERRA FOTOGRAFÍA, TABERNA RESTAURANTE A CUNCA e OBRADOIRO GORÍN, ofrecerán para o Venres Santo, Sábado e Domingo a posibilidade de disfrutar dunha experiencia única que mestura a historia e tradición oleira de Buño coa mellor gastronomía deste.
A actividade consiste nunha pequena ruta urbana a pé duns 1,5 kms que partirá dende o parque Luciano García Alén e recorrerá parte do barrio da Costa onde se visitará un dos antigos fornos comunais restaurados que hai no pobo e se explicará como se realizaban as coceduras antigamente. De seguido, os/as asistentes presenciarán unha breve demostración ó torno tradicional e dunha práctica en torno eléctrico ( 1 hr. Aproximadamente ), na cal poderán elaborar as súas propias pezas. Inclúe reportaxe fotográfica que se lle entregará a cada participante ó remate da actividade. A duración total da ruta e da experiencia é de 2 hrs.
Por último, disfrutarán dun menú elaborado exclusivamente para os/as participantes nesta actividade na TABERNA RESTAURANTE A CUNCA.
Este ano, como novidade, ofertarase a opción de RUTA MÁIS + EXPERIENCIA Ó TORNO (inclúe reportaxe fotográfica) os tres días pola tarde.
Máis información nas redes sociais de calquera dos organizadores.
0