Sada abre o prazo para participar na feira de comercio local Mestura Shopping 2019

1 minutes read

A Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada ten aberto o prazo para participar na feira de comercio Mestura Shopping 2019 que se celebrará entre os dias 31 de agosto e 1 de setembro na carpa que se ubicará detrás da Terraza. Os comerciantes interesados en participar deberán presentar a súa solicitude no Concello antes do 12 de agosto. Poden incribirse todos os propietarios de pequenos establecementos que realicen a súa solicitude en tempo e forma tendo prioridade as empresas ou autónomos con razón social ou domicilio en Sada.

Promo 2018.