Salvamento Acuático Laracha destaca no Campionato de España

1 minutes read

A deportista do club Salvamento Acuático Laracha (SAL) Noelia Loureiro Serrano, participou na cidade alicantina de Torrevieja no VI Open Internacional- Campeonato de España de Primavera de salvamento e socorrismo.

Os resultados, que demostraron o seu gran estado de forma, foron os seguintes:

  • 100m socorrista: segunda clasificada categoría junior.
  • 100m rescate de maniquí con aletas: segunda clasificada categoría junior.
  • 100m combinada: cuarta clasificada categoría junior.

En todas as probas realizou mellores marcas persoais, acercándose a varios récords galegos. Tamén participou na proba 200m supersocorrista, pero un fallo na execución deixóuna fóra da final.

Estes resultados son unha grande motivación para o Club seguir adestrando e acudir no mes de setembro ao Campionato de Europa de Salvamento e Socorrismo (European Lifesaving Championship 2019), que terá lugar no mes de setembro en Riccione (Italia).