Na mañá deste mércores, o pesqueiro O PILLO, con base en Malpica, sufriu unha vía de auga e quedou semifundido a unhas dúas millas NNW dos Baldaios (pedras no mar fronte a Baldaio).
O pesqueiro ANZOL localizou a balsa salvavidas cos seus 3 tripulantes, que foron rescatados en bo estado polo pesqueiro CARMEN JOSÉ e trasladados á Salvamar Betelgeuse, que mobilizara o Centro de Coordinación de Salvamento da Coruña
A embarcación O PILLO acabou afundíndose. A Betelgeuse recuperou a radiobaliza e revisou a zona, recollendo os aparellos á boia e non localizando contaminación, xa que levaba pouco combustible a bordo.
Os tres tripulantes foron trasladados sans e salvos a Malpica.
Destacar a rápida coordinación de Salvamento Marítimo e a colaboración dos pesqueiros da zona.