San Fins do Castro: tradición e modernidade danse a man

1 minutes read

Na parroquia de Cesullas, en Cabana de Bergantiños, celébrase a principios de agosto unha festa na que se unen tradición e modernidade, rituais e orquestras.

Os días 1 e 2 de agosto ten lugar esta romaría na carballeira de San Fins, onde centos de romeiros mollan un pano nas augas dunha fonte próxima para curar as verrugas. O miragre sucede cando a peza téxtil se seca.

Pero esta festa é máis coñecida polos seus rituais, onde centos e centos de persoas se agachan xuntos e berran 3 veces, cada unha delas con máis forza, mentres se levantan. Esta actuación é coñecida como o Berro Seco de San Fins de Castro, e é o cura da zona o que dirixe aos congregados.

A historia do Berro foi reunida polo crego Saturnino Cuíñas Lois, o mesmo que lle dou sona a esta antiga romaría durante os anos 30. Durante máis de 47 anos Lois adicouse a recoller tradicións do folclore da zona e, segundo as súas anotacións, este berro era empregado polo canteiros para facer forza ao ter que erguer as pedras da Catedral de Santiago.

Despois de realizar o Berro Seco, cántase o himno do San Fins e ponse en marcha o Santo da Pólvora, unha tradición que data de finais do século XIX e que consiste en prender unha mecha de pólvora nunha pequena falla de figuras animadas que mudan cada ano. Polo xeral a figuras están representadas por unha parella que fai referencia a un gremio ou oficio.

Esta festa tan coñecida na Costa da Morte foi declarada de Interese Turístico no ano 2008.