Pedro Sánchez anuncia 817 millóns de euros en apoio militar e para a reconstrución de Ucraína

1 minutes read

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este martes que España vai mobilizar 202 millóns de euros destinados á reconstrución do país. Un anuncio que se fixo coincidindo coa terceira visita do presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, a España. Nunha rolda de prensa xunto ao presidente ucraíno, Sánchez ratificou o apoio «total e firme» a Ucraína ante a agresión rusa e garantiu que ese respaldo continuará ata que se alcance unha paz xusta e duradeira e poida adherirse á Unión Europea. Ademais do seu encontro con Sánchez, Zelenski reuniuse co rei, cos presidentes do Congreso e do Senado e con representantes da industria de defensa. Fontes do Goberno aseguraron que este encontro serve para constatar o compromiso sen fisuras de España con este país. E de feito, no encontro que mantivo Sánchez con Zelenski na Moncloa, o xefe do Executivo español reiteroulle a disposición para seguir apoiando a Ucraína todo o tempo que faga falta.

A súa Maxestade o Rei e o Presidente de Ucraína coas autoridades que lles acompañan.