28
Nunha conversa informal cos xornalistas, o presidente do Goberno anunciou que quere reunirse co líder do PP antes de finais de ano para abordar asuntos que considera prioritarios, como a aprobación dun novo sistema de financiamento autonómico, entre outros asuntos. Pero o máis urxente que considera é abordar co PP a necesidade de renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. En todo caso, PSOE e PP chegaron ao 45 aniversario da Constitución máis lonxe que nunca do consenso. Pedro Sánchez e Núñez Feijóo repocháronse mutuamente incumprimentos da Carta Magna.