O presidente do Goberno en funcións e candidato á investidura, Pedro Sánchez, defendeu os logros “incuestionables” do seu Executivo e pediu a confianza ao Congreso dos Deputados para reeditar “catro anos máis de estabilidade, de convivencia e progreso”. Tamén defendeu a amnistía aos implicados no ‘procès’ como unha “mostra de fortaleza” da Constitución e un modo de “impulsar convivencia e perdón”. E advertiu contra unha “dereita reaccionaria” e “involucionista” que só promove “resentimento e odio” e instiga a “rabia social”.
Precisamente, Sánchez iniciou a súa intervención no primeiro día do debate do pleno de investidura mostrando o seu “respeto” e “recoñecemento” ás persoas que se manifestaron nos últimos días contra a amnistía convocados por PP e Vox de forma “libre e lexítima” pero, sobre todo, de forma “pacífica”. E é que nas últimas semanas, algúns radicais protagonizaron disturbios violentos na sede do PSOE en Ferraz durante as protestas. Sánchez lembrou que a “forma superior” de exercer a democracia é votar nas eleccións, como as do pasado 23 de xullo, e que a súa investidura será resultado da “vontade do pobo español a través dos seus representantes”.
Alberto Núñez Feijóo chamou a “acender todas as alertas democráticas” ante un candidato ao que acusou de “corrupción política” e de “humillarse a si mesmo e humillar ao seu partido” por pactar unha amnistía con ERC e Junts, ante os aplausos constantes da súa bancada, que lle corearon ao termo da súa intervención con berros de “presidente, presidente”. Feijóo chegou a dicir que Sánchez ten unha “patolóxica ambición” e que está disposto a todo para manterse no poder, para acusarlle tamén de cambiar o modelo autonómico “pola porta de atrás” e consumar “o maior retroceso dos cidadáns” desde a Transición. Cre Feijóo que a investidura “nace dunha fraude”, en referencia a unha amnistía “que non se votou nas urnas”. Nun durísimo discurso centrado en exclusiva en atacar a Sánchez, acusoulle de “vender por un puñado de votos a súa dignidade”, de perder ” o pouco crédito que lle quedaba” e de estar ante un “delirio”.
O líder de Vox, Santiago Abascal, acusou a Pedro Sánchez de “preparar un golpe de estado” coa súa lei de amnistía e considerou que a súa investidura “é o fin da democracia”, polo que o comparou con “os peores tiranos e criminais da historia”, como “Hugo Chávez, Maduro ou Hitler”.