Sánchez di que a España do 8M e a do futuro, e a vivida na praza de Colón e a do pasado


O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, intervíu nun acto en Valladolid, no que tamén interviñeron o secretario xeral do PSCyL-PSOE e candidato á Presidencia da Junta de Castilla y León, Luís Tudanca, e o alcalde de Valladolid e candidato á reelección, Óscar Puente.

Pedro Sánchez reivindicou ao PSOE «como o partido que une, fronte a confrontación, a mentira e a crispación de Ciudadanos e PP». «É tan importante o que nos xogamos o 28 de abril, que só hai dous camiños, unha España na que vivamos todos ou unha España dividida», dixo Pedro Sánchez, quen puxo como exemplo de unión as marchas feministas do 8-M. «A imaxe das rúas e prazas de España cheas de mulleres e homes que loitan pola igualdade é a imaxe do futuro.

A dos tres de Colón é a do pasado ao que non queremos regresar», dixo Sánchez, crítico coa idea de «feminismo liberal» esgrimida por Ciudadanos. «Se a liberdade non ten adxectivos, a igualdade tampouco». E lembrou unha canción de Víctor Manuel para reivindicar, despois do 8 de marzo e ante o 28 de abril, «unha España na que caben todos ou unha España no que non cabe nin deus».

Intervención de Pedro Sánchez este sábado nun mítin en Valladolid.