Sánchez e Iglesias fracasan nas súas negociacións de cara á investidura

  • Ambos líderes políticos reprocháronse «non querer negociar»

Din que á terceira vai a vencida, pero neste caso non resultou así. Quinta reunión entre o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, co líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias; e quinto fracaso nas negociacións para a investidura de Sánchez como presidente do Goberno español.

Segue sen haber un acordo para desbloquear a investidura, cuxo debate comezará en menos de dúas semanas, e desta vez ambos líderes políticos reprocháronse «non querer negociar». Sánchez pon en dúbida a lealtade de Unidas Podemos, mentres que estas afirman que o líder dos socialistas a nivel nacional vai a repetir eleccións se non é capaz de obter os apoios necesarios.

Segundo fontes socialistas, na reunión Pablo Iglesias pediulle ao actual presidente en funcións a vicepresidencia do Goberno, algo que negan desde Podemos.

A vicesecretaria de Organización do PSOE, Adriana Lastra, manifestou nunha nova rolda de prensa a negativa de Pablo Iglesias ante a oferta programática do partido socialista, sinalando que semella que ao líder de Unidas Podemos lle interesan máis os nomes que os contidos.

Related posts

A soldadura do carril, principal hipótese do accidente de Adamuz

Unha fractura da vía previa ao paso do tren Iryo posible causa do accidente en Adamuz

A homenaxe de Estado polas vítimas do accidente ferroviario de Adamuz será en Huelva o sábado 31