0
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dirixiuse este mércores a EH-Bildu para dicirlles que se “equivocaron” na elaboración das súas listas para o 28M coa inclusión de 44 condenados de ETA, entre eles sete por delitos de sangue, e instoulles: “O que teñen que facer é dar unha mensaxe moito máis rotunda e contundente de perdón, reparación, reconciliación e homenaxe ás vítimas, que sufriron moitísimos anos a actividade terrorista de ETA”. Sánchez xa manifestara días atrás que a inclusión destas candidaturas podería ser “legal” pero non “decente”, algo no que volveu a insistir.