Sanidade acolle unhas xornadas nas que se analizarán as conductas aditivas

1 minutes read

Estas xornadas formativas e divulgativas de Socidrogalcohol, que terán lugar na Escola Galega de Saúde Pública, van permitir realizar unha análise das condutas adictivas desde a evidencia científica avalada pola experiencia clínica de profesionais de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional. Celébranse os días 28, 29 e 30 deste mes.

Este evento científico e formativo, destinado e dirixido a profesionais e estudantes de ciencias afíns ás condutas adictivas, consta de nove talleres que abordan temáticas da máis próxima actualidade nestas condutas, co aval da declaración de interese científico sanitario, así como tamén a acreditación con créditos de formación continuada.