Sanidade anuncia a licitación da reforma da UCI de adultos do Hospital Clínico de Santiago


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou que o seu departamento vén de licitar as obras de reforma da UCI de adultos do Hospital Clínico Universitario de Santiago, nas que a Xunta de Galicia ten previsto investir un total de 1,2 millóns de euros.

A reforma da UCI permitirá crear boxes individualizados, mellorando a hospitalización dos pacientes e, tamén, as condicións nas que realizan o seu traballo os profesionais deste servizo.

A reforma da UCI, xunto coa reforma do servizo de farmacia, a creación da nova unidade de ictus, a implantación da tecnoloxía Hifu para pacientes de párkinson, ademais da xa concluída reforma e ampliación de urxencias, constatan o compromiso en ampliar e mellorar as prestacións do hospital santiagués por parte da Consellería.