43Comparecencia, este mércores, do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou este mércores, nunha conferencia de prensa para informar dos asuntos tratados na reunión do comité clínico, que hai que seguir mantendo as restricións máximas impostas en todos os municipios de Galicia, previstas ata o próximo 17 de febreiro, ante a «situación francamente preocupante» nas UCI, con 248 pacientes. insistiu en que as vacinas son «a grande esperanza» e informou de que este martes, se recibiu a primeira remesa de AstraZeneca, cun total de 11.100 doses, xunto con 19.990 de Pfizer, que se porán «canto antes».