Sanidade baralla estender os peches perimetrais ás fins de semana

1 minutes read

A Consellería de Sanidade adoptou este venres a decisión de endurecer as restricións en Galicia ante o aumento constante de contaxios e mortes por coronavirus na comunidade ata o vindeiro martes, cando o comité clínico que a asesora se volverá reunir. 

Núñez Feijóo avanzou que entón este grupo de 34 expertos “revisará cal é a situación e pode ser que alonguemos por máis tempo ese peche perimetral ou, pola contra, entender que non é necesario durante os días de semana porque os desprazamentos son moi pequenos”. 

Abundou en que de luns a venres ata as 15:00 horas os desprazamentos “desde o punto de vista do lecer” son “inexistentes”, e en que á Xunta lle interesa “protexer a saúde e que non caia a economía, por esta orde”. Ao preguntarlle por se diso se deduce que en Galicia se poderían aplicar os peches perimetrais localizados por cidades ou áreas metropolitanas só as fins de semana, Feijóo admitiu que se valorará no seo do comité clínico asesor e que “é unha posibilidade” e “unha hipótese” que valorarán os expertos.