20
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, organismo que depende da Xunta, fixo este mércores un chamamento xeneralizado á poboación para que aumente as doazóns de sangue, especialmente dos grupos 0 + e A +. A escaseza de sangue destes dous grupos concretos motivou que o martes se reprogramasen 20 intervencións cirúrxicas non urxentes de pacientes con estes grupos, que serán “citados tan pronto como sexa posible”, sostén o organismo nun comunicado. Sanidade lembra que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para facer o seu traballo de forma “adecuada”.