A Consellería de Sanidade, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, participa no proxecto TARTAGLIA de creación dunha rede federada de intelixencia artificial para acelerar a investigación sanitaria. O proxecto enmárcase en dentro do Programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, da Axenda España Dixital 2025 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
O obxectivo principal de TARTAGLIA, que conta cun orzamento total de máis de 7,5 millóns de euros, é facilitar e fomentar a investigación clínica e sanitaria. Os datos clínicos das persoas son dos máis críticos e sensibles e o seu uso para a creación de modelos de Intelixencia Artificial está moi limitado polas restricións regulatorias, administrativas, de seguridade e privacidade. Existen outros sectores que se beneficiarán da tecnoloxía (banca, turismo, servizos, transporte, etc.), pero o maior impacto social e económico é no sector saúde.
A aplicación desta tecnoloxía nunha contorna relevante permitirá posicionar a tecnoloxía máis preto do seu obxectivo final, que é a comercialización. O proxecto conta coa participación de varias organizacións nacionais de saúde, entre elas axencias e institutos asociados a hospitais, así como os servizos autonómicos de saúde de Galicia, Canarias e A Rioxa.