A medida, indicou a ministra de Sanidade, Mónica García, en declaracións á Sexta, será «transitoria», mentres dure o «pico» de contaxios, que se prevé alcance o seu máximo na terceira semana de xaneiro. García trasladará esta petición ás comunidades este luns 8 nun pleno extraordinario do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde no que se buscará «unificar criterios». Nunha mensaxe na rede social X, Mónica García recomendou o uso da máscara nestas datas e apelou «ao sentido común» e ao «espírito resiliente demostrado durante a pandemia». «A incidencia actual é próxima aos mil casos por cada 100.000 habitantes a nivel xeral. Lembrou, ademais, que «cada comunidade posúe a competencia e a responsabilidade de implementar medidas adecuadas ás súas circunstancias particulares». Segundo García, «elas son as que están en primeira liña e son as que coñecen mellor as súas necesidades».
39