Sanidade pretende rebaixar os tempos de espera no 2023

1 minutes read

O Sergas quere que o 90% das citas na medicina de familia se atendan en menos de catro días. Na atención hospitalaria, que a espera media por unha consulta ou proba estea nos 42 días e para unha cirurxía, nos 54.

Porá en marcha o plan de intensificación de actividade asistencial. Unha das novidades será a nova historia clínica, unha ferramenta para mellorar a comunicación entre profesionais e pacientes. Reforzarase o calendario de vacinación dos menores e os cribados de cancro.

Por outra banda, o Colexio de Médicos de Pontevedra decidiu por unanimidade manter rotas as relacións coa Consellería de Sanidade, á que responsabiliza da situación da atención primaria. Unha decisión pola que o actual presidente do colexio renuncia ao seu cargo á fronte do Consello Galego de Colexios Médicos.