O Sergas descarta ter que recorrer a hospitais de campaña, pero hai preocupación porque o número de pacientes ingresados tanto nas UCI coma en planta continua medrando. Prevén que a presión hospitalaria supere os niveis máis altos de toda a pandemia.
Pedro Rascado, membro do comité clínico apunta que “calquera medida que reduza a incidencia non vai reducir o impacto nos hospitais ata dentro de dúas semanas e quizais un pouco máis nas unidades de coidados intensivos. Iso significa que nos agardan dúas ou tres semanas en que a presión hospitalaria poida seguir aumentando aínda que se reduza a incidencia, por iso falamos de que isto non está controlado e que nos quedan unhas semanas complicadas”. Os expertos que asesoran o Goberno galego din que os hospitais “están mellor preparados que en marzo” pero advirten que a “súa capacidade non é infinita”. Urxen aumentar as restricións para controlar os contaxios, con medidas como a redución de horarios do comercio e mesmo o peche total da hostalaría.
19