Sanidade realiza este venres un cribado en Ponteceso para veciños de entre 16 e 25 anos

0 minutes read
  • As probas terán no lugar no centro de saúde de Ponteceso

O concello de Ponteceso acollerá na tarde deste venres un cribado para detectar asintomáticos entre aqueles veciños con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos. Segundo informan desde o Goberno local, están citadas algo máis de 290 persoas.

As probas PCR realizaranse no centro de saúde de Ponteceso en horario de 15:30 a 20:30 horas coa colaboración de Protección Civil da localidade.

Ponteceso rexistra este xoves un total de 21 casos.