Sanidade revisa as restricións nas áreas de Vigo e de Santiago

1 minutes read

A situación na área sanitaria de Vigo leva 7 días empeorando e a repunta incrementouse desde o venres. Só nas últimas 24 horas sumou 97 novos contaxios. Do rastrexo de contactos tírase que estarían agromando as consecuencias das xuntanzas durante a ponte do Pilar. Na área sanitaria hai dous concellos importantes en nivel 3 de alerta. Primeiro foi Cangas e desde este luns tamén está en vermello polo aumento de contaxios Nigrán. Tampouco frea a repunta de contaxios na área sanitaria de Santiago. Ames, Ordes e a capital de Galicia están en alerta máxima pola incidencia de covid. O reitor da universidade pide que non se sinale da situación aos estudantes. O alcalde de Santiago recoñece que está á espera de novas restricións. O comité clínico reúnese o martes para analizar a situación epidemiolóxica en Galicia.