Sanidade suaviza as restricións nos concellos de Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, compareceron en rolda de prensa para informar sobre as últimas decisións adoptadas polos seus departamentos en materia covid. O titular do departamento sanitario galego informou sobre o acontecido na xuntanza deste venres do subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución de covid-19 en Galicia. Así, referiu que se veñen de levantar as restricións especiais en tres concellos da provincia da Coruña, Vedra, O Pino e Mugardos; noutros dous da provincia de Ourense, Toén e San Cibrao das Viñas; e nun da provincia de Lugo, Viveiro. Nestes concellos rexerán, pois, as medidas de nivel 2.

Intervención do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Así mesmo, os expertos que avalían a expansión do coronavirus na comunidade galega acordaron incorporar os concellos de Cee, Dumbría, Muxía, Ribadumia, Meis e Meaño ao grupo de municipios con restricións especiais. As medidas xa foron publicadas no Diario Oficial de Galicia e entraron en vigor a pasada medianoite. Ademais, cómpre salientar que as localidades de Sarria, Chantada, A Rúa, Petín, Ordes e Ribeira, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, o Subcomité clínico acordou implementar unha observación específica á súa evolución epidemiolóxica.