Sanitarios de toda Galicia saíron á rúa en Santiago para reclamar melloras laborais

1 minutes read

A marcha, na que participaron representantes de diversas formacións políticas, foi convocada polo colectivo «Enfermeiras eventuais en loita». Partiron da alameda compostelá e percorreron varias rúas da cidade en demanda dunha contratación estable.»Onde están os aplausos, os aplausos onde están?», reiterou a comitiva de persoal sanitario polas rúas do Ensanche e o centro histórico compostelán en referencia a un dos xestos máis simbólicos da pandemia. Aquelas semanas, subliñan plataformas como Enfermeiras Eventuais en Loita, deixaron á vista problemas estruturais do sistema como a acumulación de centos de contratos para cada profesional, inestabilidade crónica que «pon en perigo a saúde do persoal», pero tamén «da poboación galega en xeral».