- Os datos poderán variar nos próximos días xa que aínda quedan por realizar varias probas PCR
As autoridades sanitarias confirmáronlle ao Concello de Santa Comba que nesta última xornada os casos activos por coronavirus no municipio ascenderon a 28. Desde o Consistorio afirman que aínda quedan probas PCR por realizar, polo que estes datos poderían volver a variar.
Debido ao aumento deste gromo, este martes o Concello decidiu tomar medidas preventivas para evitar máis contaxios, como o peche ao público dos parques infantís, do circuito de calistenia, a pista multideporte, pista de pádel, pavillóns e piscina descuberta. Tamén se realizarán desinfeccións das rúas de xeito gradual.
Desde o Concello piden máis responsabilidade á cidadanía, sobre todo no peche dos locais de hostalería e restauración, que deberán cerrar a 01:00 h. da madrugada, sen permitir o acceso de novos clientes desde as 00:00 h.