Santa Comba | Tres positivos por Covid-19 obrigan a suspender as actividades municipais

Ayuntamiento de Santa Comba

  • Os datos poderían sufrir variacións debido ás probas PCR que se lle están a facer a todos os contactos próximos dos afectados

O Concello de Santa confirmou este venres que no municipio existen tres casos positivos por Covid-19, segundo datos oficiais facilitados polas autoridades sanitarias.

Desde o Consistorio piden tranquilidade e sinalan que non se trata dun gromo, aínda que os datos poderían sufrir variacións nas próximas horas e datas, dado que se están a facer probas PCR a tódolos contactos próximos dos declarados positivos.

Para evitar calquera situación máis complicada e buscando a seguridade dos cidadáns, o Concello decidiu suspender as actividades organizadas nas instalacións municipais, en principio, durante esta fin de semana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha