- Ás 19:00 horas, no Teatro Principal, haberá un evento a porta pechada que incluirá un debate e varias propostas artísticas
O Concello de Santiago xa ten todo listo para realizar este domingo, 28 de xuño, as actividades de Compostela Diversa coas que a Concellaría de Igualdade vai celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI.
Desde Igualdade convidan á cidadanía a participar nestes actos, comezando pola lectura do manifesto LGTBI ás 11:00 horas no palco da música da Alameda, que durante esta semana está rodeado pola bandeira LGTBI.
Pola tarde e adaptado á situación xerada pola Covid-19, o Teatro Principal acollerá un evento a porta pechada a partir das 19:00 horas, que incluirá un debate, a presentación dunha peza audiovisual e varias propostas artísticas. Estas actividades poderán seguirse a través por streaming a través do espazo do Concello de Santiago en YouTube.
