Santiago xa conta cunha carpa en Fontiñas para realizar test epidemiolóxicos

1 minutes read
  • Está previsto que nesta primeira fase se realicen en Santiago 1.650 test en diferentes centros de atención primaria

O Concello de Santiago de Compostela dispuxo unha carpa a carón do Centro de Saúde de Fontiñas na que, dende a mañá deste luns, se están realizando os test da primeira fase do estudo epidemiolóxico que servirá para definir a dimensión da epidemia da COVID-19.

A finalidade destas análises, postas en marcha pola Xunta de Galicia, é triple: estimar a prevalencia da inmunidade fronte á COVID-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información.

Está previsto que nesta primeira fase, que comezou o pasado xoves, se realicen en Santiago 1.650 test en diferentes centros de atención primaria.