Sara Pose segue un ano máis como cancerbeira do Goldie Xiria, coa mente posta en seguir progresando baixo paus e ser a porteira de referencia das guerreiras verdes, demostrando a súa valía e a súa evolución. Sara, na súa terceira tempada no equipo, compaxina o seu traballo de socorrista coas practicas do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico cos adestramentos e os partidos de balonmán.
Tamén seguirá Sheila Ferreiro, que cumprirá a súa sexta tempada no mundo do balonmán no Goldie Xiria, club no que militou en toda a súa vida deportiva como xogadora moi útil na posición de pivote, no centro da defensa ou incluso no avanzado o que a fan unha xogadora moi importante no equipo. Sheila continúa un ano máis compaxinando o balonmán cos seus estudos de Matemáticas na Universidade de Santiago.
