SATR impartirá un obradoiro sobre o manexo do spray en Carballo

1 minutes read
  • Será unha das múltiples actividades incluídas no «Rexenera Fest 2019», o 1 e 2 de xuño, baixo a ponte da rúa Fomento.

Durante a semana do Festival Internacional de Arte Pública de Carballo impartíranse dúas clases maxistrais dirixidas a todos aqueles interesados neste eido. Unha delas xirará arredor do manexo do spray e será impartirá por unha das artistas convidadas a esta 5ª edición, a chinesa SATR. 

Ademais da súa contribución ao Rexenera Fest, coa elaboración dun mural na Avenida da Cristina, a súa visita servirá tamén para ofrecer unha masterclass para persoas con formación artística e en muralismo. Durante toda a fin de semana, amosará as claves da súa orixinal técnica, na que pinta en degradado empregando boquillas moi anchas dunha forma moi peculiar. 

Se queres descubrir todos os segredos deste método tan innovador, non podes faltar. Para participar tan só será suficiente con cubrir o formulario que figura na páxina oficial do festival www.rexenerafest.gal (masterclass SATR). A inscrición será de balde ata compeltar as 10 prazas dispoñibles. Valorarase experiencia previa co manexo do aerosol e nivel de inglés.