SEA avanza co Concello da Laracha na futura ampliación do polígono

1 minutes read

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, (SEA), Beatriz Sestayo, e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, reuníronse no Concello para avanzar nas xestións encamiñadas á ampliación do polígono industrial, orientándoo a sectores que expoñen unha crecente demanda, como a loxística, en paralelo aos seus usos industriais e empresariais.

Precisamente, mantiveron novas reunións con empresas interesadas en instalarse no polígono, vinculadas ao sector da loxística, e que confirman o atractivo do parque empresarial larachés, onde xa se iniciaron as obras da sede de Unifersa, que prevé crear medio cento de empregos e que se unirá a compañías como Inditex, Galitráns, Esmorís e Hijos, Hidroeléctrica da Laracha, Uniter ou Cardemad.

Tras as operacións pechadas nos últimos meses a ocupación do polígono achégase ao 75%, dun total de 537.925 metros cadrados.