A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, desprazouse este xoves ao Concello de Maside para manter unha reunión co alcalde da localidade, José Manuel Iglesias e o rexedor do Carballiño, Francisco Fumega, co obxectivo de poder coñecer o proxecto de desenvolvemento do polígono industrial supramunicipal que estudan conxuntamente ámbolos dous municipios.
Nesta reunión, primeira toma de contacto, tamén participaron o asesor xurídico de “SEA”, Antonio Quintela, o director comercial José Rey e o arquitecto municipal de Maside.
A xerente de “SEA” Beatriz Sestayo explicou que se tratou dunha “primeira xuntanza enormemente produtiva”, na que se constatou a existencia dun interese xeral en impulsar un proxecto “por riba dos intereses exclusivamente locais” e nun “enclave estratéxico”. Destacou ademáis a importancia de estudar a presenza de “SEA”, dependente nun 84% do Ministerio de Transportes, nunha provincia, a de Ourense, na que aínda non ten desenvolvido chan industrial. Así, comprometeuse a que “SEA” analizará o proxecto que impulsan desde Maside e O Carballiño para valorar a súa viabilidade e a posible implicación da entidade.