A xerente da sociedade estatal “SEA” (Suelo Empresarial del Atlántico), Beatriz Sestayo, asinou co responsable da empresa de construción “J. Esmorís e Hijos” a venda dunha nova parcela, de 675 metros cadrados, do parque empresarial da Laracha, un dos 13 que xestiona a sociedade estatal en Galicia. A nova parcela que foi adxudicada ao grupo Esmorís, ten un importe próximo aos 45.000 euros e permitiralle ampliar as instalacións coas que xa conta nesta área industrial, na que emprega a preto de 50 persoas. Desde SEA lémbrase que a administración local tamén establece distintas bonificacións ás empresas que se instalen nesta área empresarial, en conceptos como o ICIO, o IBI ou o Impostos de Actividades Económicas que, nalgúns casos, poden alcanzar ata o 95% de rebaixa.
42