Un novo secuestro masivo nunha escola de Nixeria desatou a condena internacional. A Unión Europea pide a «liberación inmediata e incondicional» das 317 alumnas dunha escola pública do noroeste do país secuestradas o venres e subliñou que os menores non deben «sufrir as consecuencias do conflito». Un chamamento ao que tamén se sumou Nacións Unidas. «O Secretario Xeral condena nos termos máis fortes posibles e pide a súa liberación inmediata e incondicional, como dixemos antes, as escolas deben seguir sendo sempre un espazo seguro para aprender sen medo á violencia», dixo o portavoz do Secretario Xeral da ONU Stephane Dujarric. Os secuestros de menores nas escolas nixerianas pasaron a ser habituais nos últimos anos. Este último prodúcese apenas dúas semanas despois do secuestro de 42 persoas, 27 deles nenos e nenas, hai dúas semanas.
27