A Primeira tivo lugar pasadas as 10 da noite do pasado xoves á altura do número 15 da rúa Doctor Fleming. Os bombeiros localizaron a fuga nunha arqueta próxima ao edificio. Avisada a compañía suministradora, este venres procederon a reparar a avaría de xeito eficaz. Outra alarma polos mesmos motivos foi recollida pasadas as seis da tarde deste venres. Neste caso un particular alertaba dun forte cheiro a gas á altura do número seis da rúa Barcelona. Ao lugar foron mobilizados de novo os bombeiros de Carballo que procederon a inspeccionar a zona ata localizar a súa procedencia. Neste caso, os profesionais contra o lume, contaron co apoio dunha patrulla da Policía Local, que cortaron ao tráfico a rúa Barcelona para facilitarlles o traballo e a estancia dos seus vehículos.
0