Seis finalistas, entre 28 propostas, para a 7ª edición do Certame Metro Cadrado do FIOT

1 minutes read

Un xurado conformado por profesionais vinculados ao mundo das artes escénicas de Galicia vén de seleccionar as seis obras que formarán parte da programación do concurso, posto en marcha polo Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT. Trátase do primeiro certame de microteatro que se realizou en territorio galego e pioneiro á hora de visualizar e apoiar a creación escénica de novos formatos e de compañías ou creadoras emerxentes.

Canta nai, canta, de Cía IONinguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera RodríguezDestilaPracer, de Espazo Vacío; O que é o raio, nin maldita idea, de SouvenirAnaké?!Edipo en 15 minutos, de Contraditoria CompañíaO mundo derrúbase e nós tomamos chocolate, de Mar Fiuza, son as pezas que formarán parte da sétima edición do Metro Cadrado.

As representacións terán lugar, nos sábados do mes de outubro, nunha tenda especializada en produtos gourmet e venda de viños, Adega O Lagar (DestilaPracer); nunha habitación da Pensión Rama (Canta nai, canta), na pista de skate (O que é o raio, nin maldita idea), nunha tenda-fábrica de chocolate artesanal, Chocolates Mariño (O mundo derrúbase e nós tomamos chocolate); nun taller de olería, Crúa. María Barca (Anaké?!Edipo en 15 minutos) e nunha sala común do Balneario de Carballo (Ninguén tira fotos nos enterros).