Seis partidos en 19 días | O “EuroFisterra” ao ritmo dos grandes

1 minutes read

Un novo capítulo na rocambolesca historia que están a vivir moitos clubes da Terceira División co adiamento dos partidos por mor da incidencia da Covid-19 nos equipos.
O Club máis damnificado da competición é a SD Fisterra. Os de Jaime Sánchez só disputaron un partido en 2021 e teñen pendentes cinco encontros aprazados no seu día pola situación sanitaria.


O “Eurofisterra

A Federación Galega comunicou xa as datas dos choques pendentes que disputarán os de Ara Solis durante este mes de febreiro, o que levará ao conxunto fisterrá a xogar de aquí a final de mes entre semana, ademáis da cita de cada fin de semana. Cabe recordar, que a Terceira non é unha categoría profesional. Os xogadores teñen os seus traballos, os seus horarios, as súas tarefas diarias, pero pouco parece importarlles aos que toman as decisións na Federación.

Así queda o calendario para a SD Fisterra, un mes de febreiro ao ritmo dun equipo Champions… polo menos.

Image.jpeg