Selección de persoal para a nova área comercial de Carballo

1 minutes read

O servizo municipal enviou á empresa os currículos de 60 usuarios/as que se axustaban ao perfil solicitado e facilitou as instalacións do Fórum para o proceso de selección.

O principal cometido da Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo é a intermediación entre as persoas que buscan un emprego ou queren mellorar a súa situación laboral e as empresas.

A BDT conta con máis de 2.000 usuarios e usuarias, principalmente de Carballo, pero tamén do resto de Galicia e ata doutros puntos da península. Ao longo dos case sete anos que leva en funcionamento, a Bolsa de Traballo facilitou a inserción laboral de máis de 200 persoas, ademais de contribuír ao avance da empregabilidade de centos de usuarios e usuarias a través dos numerosos cursos de formación realizados.