29
- Dirixida ao alumnado do IES Terra de Soneira e CEIP San Vicenzo, será unha homenaxe á escritora galega
Con motivo do 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro este 23 de febreiro, o Concello de Vimianzo conmemorará a figura da escritora a través dunha obra de teatro para o alumnado do IES Terra de Soneira e do CEIP San Vicenzo. A peza Sempre Rosalía, de Producións Dispersas, desenvolverase este xoves ás 12:00 horas na Casa da Cultura.
Os actores Diego Freire e Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, iniciarán un diálogo para achegar a figura da poeta ás persoas participantes resaltando o seu papel central na cultura galega como autora pero, sobre todo, como muller.