Rescatan o cadáver do veciño de Bueu que saíra o venres a apañar percebes


Os servizos de emerxencias localizaron e rescataron o corpo do pescador desaparecido o venres nas proximidades do cabo Udra en Bueu. É un veciño de Bueu de 50 anos que andaba aos percebes.

Tras a alerta pola desaparición, o operativo para dar con el mobilizou medios por mar e por terra que inspeccionan a contorna, onde foi visto por última vez, sen resultados. O cadáver estaba atrapado entre as rochas nunha zona difícil de acceder.

Foi a súa parella a que avisou o venres pola noite da desaparición. Na busca colaboraron medios locais, autonómicos e estatais. Axentes da Policía Local e da Garda Civil por terra, o helicóptero Pesca 1 desde o aire e no mar barcos de Salvamento Marítimo e da Garda Civil e mergulladores.