O certo é que a capital da comarca de Soneira foi portada de infinidade de medios de comunicación esta semana, e non precisamente por nada bo. Cando ninguén se recuperou aínda da impresión pola agresión sufrida por unha veciña de Vimianzo o pasado mércores día 15 a mans da sua ex-parella, este sábado as malas noticias volveron a regresar á capital municipal. Aínda que o asalto é boa noticia todos os anos en Vimianzo en forma de festa, nesta ocasión non. E é que os amigos do alleo apoderáronse na tarde deste sábado dun suculento botín en cadeas de ouro próximo aos cento cincuenta mil euros. Os feitos ocorreron a plena luz do día tras solicitar o mostrario como cliente á dona da tenda un individuo que se deu á fuga na céntrica Xoiería Vitoria. A Garda Civil investiga os feitos ao redor dun vehículo Opel Corsa escuro que esperaba ao ladrón nas inmediacións, pero de momento sen resultado positivo.
37