Senda Nova fai un balance positivo deste ano a pesar do confinamento

1 minutes read
  • Este mércores participarán na actividade Orixes da Costa Carballesa, enmarcada dentro do programa Eu ❤️ Razo Baldaio

A Asociación Ambiental Senda Nova segue a traballar para que algúns dos recunchos máis olvidados da Costa da Morte vexan a luz. O pasado sábado tivo lugar a última sesión da Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo antes do parón de verán, na que houbo moitas sorpresas e agasallos.

Despois dun ano diferente, cheo de cambios e con adaptacións de última hora, o balance segue a ser moi positivo. A pesar do parón durante os meses de confinamento, a Escola Ambiental Senda Nova volveu a finais do mes de maio cargada de enerxía e ganas e alongouse ata finais do mes de xullo, a diferenza dos anos anteriores.

Escola Ambiental de Senda Nova_Cedida

Pero as actividades continuaron na xornada do domingo, coa «Ruta das mámoas»: un dos percorridos máis curtos e interesantes da Primavera en Ruta 2020. As máscaras, o xel e a distancia de seguridade non foron impedimento para poder disfrutar do interesante patrimonio que se agocha entre as comarcas de Bergantiños e Soneira.

Na xornada deste mércores, 22 de xullo, tamén terá lugar a actividade Orixes da Costa Carballesa, enmarcada dentro do programa Eu ❤️ Razo Baldaio, organizado polo Concello de Carballo e no cal Senda Nova participa xunto co Grupo Naturalista Habitat e a Asociación Ecoloxista Adega.

Para esta actividade, que guiará o historiador e xeógrafo Evaristo Domínguez Rial, as prazas están esgotadas, pero hai moitas máis actividades no programa que se desenvolve todos os mércores e sábados de xullo e agosto. As reservas poden facerse na páxina web do Concello de Carballo.