Senda Nova percorre os Camiños de Caión nunha ruta máxica

1 minutes read
  • A «Primavera en ruta» finalizará este domingo, 30 de agosto, na comarca de Soneira

O pasado domingo ducias de persoas percorreron os Camiños de Caión durante a penúltima camiñada da «Primavera en ruta» da asociación medioambiental Senda Nova.

Veciños de Carballo, Coristanco e A Laracha gozaron da beleza e de paisaxes únicos e máxicos que levan ó Santuario dos Miragres de Caión, e ademais adquiriron novos coñecementos grazas ás explicacións do mestre Evaristo Rodríguez Rial.

Despois de percorrer o campo do Rapadoiro e de achegarse ata a igrexa de Noicela, os asistentes fixeron unha parada para coller enerxía nas proximidades do areal da Arnela, antes de chegar á praia fósil de Leira, onde Rodríguez Rial deu unha clase maxistral de xeoloxía.

Desde Senda Nova agradecen a boa acollida que están tendo estas rutas, que finalizarán este domingo 30 de agosto cunha camiñada polas terras altas de Soneira.