39
- Nesta 10ª edición participarán 25 nenos que estudan 3º e 6º de primaria en Carballo
A asociación ambiental Senda Nova puxo en marcha esta semana a 10ª edición da súa Escola Ambiental, un compendio de actividades para descubrir e potenciar o patrimonio cultural e paisaxístico da comarca de Bergantiños.
Desta volta participarán 25 nenos e nenas que cursan 3º e 6º de primaria nos colexios de Carballo, cubríndose así o tope de inscritos. As actividades desenvolveranse en diferentes puntos dentro do Espazo de Natureza de Oza.
Ao acto de presentación asistiron medio cento de persoas entre familiares dos nenos, socios de Senda Nova e tamén o concelleiro de Medio Ambiente de Carballo, Miguel Vales, en representación do Concello, que tamén colabora nesta iniciativa.